O obxectivo é prestar un servizo de atención á infancia para a
conciliación da vida laboral, familiar e persoal, beneficiando
tanto os menores como a unidade familiar no seu conxunto.
O servizo consta de tres modalidades:
Espazos
de atención á infancia.
Atención á infancia a domicilio.
Rede Municipal de Ludotecas.
Espazos
de atención á infancia:
Espazos onde se proporciona acollemento e desenvolvemento de actividades
lúdico-educativas.
Atención á infancia a domicilio:
Cuidados e atencións a os menores no seu propio domicilio.
Rede Municipal de Ludotecas:
Espazos
socioeducativos diurnos con actividade regular ou continuada, nos
que se favorece o desenvolvemento persoal, social, afectivo e cognitivo
do menor a través de xogos.
Están destinados os membros
das unidades familiares responsables de menores a cargo, de entre 4
meses y 12 anos con necesidades de conciliación dos campos
laboral, familiar, persoal e con dificultades para acceder a outros
recursos normalizados.
Os requisitos xerais (afectan as tres modalidades do servizo):
Precisar
medidas de conciliación da vida persoal, laboral e familiar.
Non dispor de outro recurso axustado, según informe motivado dos
técnicos municipais.
Que o menor non requira de cuidados especiais que excedan da
capacidade do servizo.
Requisitos
para acceder o servizo de Espazos
de Atención á Infancia ou ludotecas:
Menores
con idade comprendida entre os 4 e os 12 anos (ou estar realizando o primeiro curso de segundo ciclo de educación
infantil).
O responsable do menor debe estar empadroado no Concello da Coruña, o menor debe estar cursando estudos nun centro de
ensinanza domiciliado no Concello da Coruña ou que o responsable do menor sexa empleado público, traballador por conta
propia ou axena e o seu centro de traballo esté domiciliado na Coruña.
Requisitos
para acceder o servizo de atención a domicilio:
Lugar e horario de desenvolvemento dos espazos de atención á infancia:
Centro
Cívico Municipal de Labañou
Centro Cívico Municipal Monte
Alto
Centro Cívico Municipal Castrillón
Centro Social
Sagrada Familia
Lugar e horario de desenvolvemento do servizo de atención á infancia a
domicilio:
O servizo funciona de luns a venres de 07:30 a 22:00 horas, excepto
festivos (é necesario solicitalo con 48 horas de antelación).
Máximo
de uso: 48 horas anuais por unidade familar.
Lugar e horario de desenvolvemento das ludotecas:
Período
lectivo (según calendario escolar, hasta 24 de xuño de 2013): Centro
Cívico Municipal de Novo Mesoiro: luns a venres de 17:30 a
20:30 horas. Sábado de 10:30 a 13:30 horas (excepto festivos).
Documentación:
Impreso
de solicitude
Enlaces
de interese: