viernes, 16 de noviembre de 2012

QUEN SOMOS?






A nosa Escola Infantil Trisquel, situada na cidade da Coruña, debe o seu nome a fusión de tres corpos imprescindibles para a súa execución que son os/as nenos/as, as familias e os/as educadores/as.
Está destinada os nenos e nenas cun rango de idade que vai dende os 3 meses os 3 anos. 
Dende a Escola Infantil basamonos fundamentalmente en desenvolver o neno nun ambiente de afectividade  e diversión, aprendendo a relacionarse cos seus iguais, a compartir e a ser cada vez máis autónomos, adquirindo seguridade en sí mesmos.
Este blog pretende ser unha ferramenta e recurso para os pais, de cara a situacións sociais, educativas e familiais, que nun momento dado poden ser de utilidade.

OS PROGRAMAS NA CORUÑA


Ver Programas e recursos de intervención con familias en un mapa más grande

GABINETES DE ORIENTACIÓN FAMILIAR



Os gabinetes de orientación familiar (GOF) constitúen un recurso especializado no apoio e na promoción da calidade de vida das persoas e das familias, e na atención e prevención das diferentes situacións problemáticas que se poidan dar no ámbito da convivencia cotiá.
Os GOF só poderán actuar por petición directa e voluntaria das persoas que así o requiran.
Os gabinetes respectarán e terán en conta as opinións de todos os membros da familia garantindo a confidencialidade e o segredo profesional.
Está dirixido a todas aquelas persoas con residencia en Galicia que consideren que na súa familia existe algún conflito: de parella, entre nais e pais e fillas e fillos ou coa familia extensa.

Enlaces de Interese:

http://www.familiasgalegas.org

http://traballoebenestar.xunta.es 

SERVIZO DE CANGUROS


O obxectivo é prestar un servizo de atención á infancia para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, beneficiando tanto os menores como a unidade familiar no seu conxunto.
O servizo consta de tres modalidades:
  • Espazos de atención á infancia.
  • Atención á infancia a domicilio.
  • Rede Municipal de Ludotecas.
Espazos de atención á infancia:

Espazos onde se proporciona acollemento e desenvolvemento de actividades lúdico-educativas.

Atención á infancia a domicilio:

Cuidados e atencións a os menores no seu propio domicilio.

Rede Municipal de Ludotecas:

Espazos socioeducativos diurnos con actividade regular ou continuada, nos que se favorece o desenvolvemento persoal, social, afectivo e cognitivo do menor a través de xogos.
Están destinados os membros das unidades familiares responsables de menores a cargo, de entre 4 meses y 12 anos con necesidades de conciliación dos campos laboral, familiar, persoal e con dificultades para acceder a outros recursos normalizados.

Os requisitos xerais  (afectan as tres modalidades do servizo):
  • Precisar medidas de conciliación da vida persoal, laboral e familiar.
  • Non dispor de outro recurso axustado, según informe motivado dos técnicos municipais.
  • Que  o menor non requira de cuidados especiais que excedan da capacidade do servizo.
Requisitos para acceder o servizo de Espazos de Atención á Infancia ou ludotecas:
  • Menores con idade comprendida entre os 4 e os 12 anos (ou  estar realizando o primeiro curso de segundo ciclo de educación infantil).
  • O responsable do menor debe estar empadroado no Concello da Coruña, o menor debe estar cursando estudos nun centro de ensinanza domiciliado no Concello da Coruña ou que o responsable do menor sexa empleado público, traballador por conta propia ou axena e o seu centro de traballo esté domiciliado na Coruña.
Requisitos para acceder o servizo de atención a domicilio:
  • Menores con idade comprendida entre os 4 meses e os 12 anos.
  • Estar empadroado no Concello da Coruña.
  • Que as necesidades da unidade familiar non  poidan ser satisfeitas a través do servizo prestado nos Espazos de Atención á Infancia por enfermidade do menor, emerxencias familiais que desequilibren o quefacer diario da unidade familiar, etc.
Lugar e horario de desenvolvemento dos espazos de atención á infancia:

Centro Cívico Municipal de Labañou 
Centro Cívico Municipal Monte Alto 
Centro Cívico Municipal Castrillón
Centro Social Sagrada Familia 


Lugar e horario de desenvolvemento do servizo de atención á infancia a domicilio:

O servizo funciona de luns a venres de 07:30 a 22:00 horas, excepto festivos (é necesario solicitalo con 48 horas de antelación).
Máximo de uso: 48 horas anuais por unidade familar.

Lugar e horario de desenvolvemento das ludotecas:  

Período lectivo (según calendario escolar, hasta 24 de xuño de 2013): Centro Cívico Municipal de Novo Mesoiro: luns a venres de 17:30 a 20:30 horas. Sábado de 10:30 a 13:30 horas (excepto festivos).

Documentación:

Impreso de solicitude


Enlaces de interese:




PROGRAMA PARA A EDUCACIÓN FAMILIAR

Concíbese o programa de Educación Familiar como un servizo educativo e psicosocial de prevención, intervención e apoio dirixido ás familias e a toda a comunidade. Ten como finalidade promover a calidade de vida e o benestar social das familias e dos membros que a integran. Persegue a promoción da autonomía familiar, o desenvolvemento integral das súas potencialidades e a súa participación activa como protagonistas do seu cambio, a partir dun proceso co-construído entre as familias, as/os profesionais e os axentes da súa comunidade.
Os contidos ou obxectos de coñecemento que se deben abordar a través da Educación Familiar, tanto en actuacións grupais e comunitarias como de apoio socioeducativo personalizado, son, entre outros:

  • Diversidade familiar: diferentes realidades familiares.
  • Os dereitos e responsabilidades das familias.
  • As funcións e roles das familias: satisfacer as necesidades dos seus membros (de protección, emocionais, educativas, sociais e relacionais, cognitivas, físicas...).
  • As necesidades da infancia nas diferentes etapas evolutivas.
  • Contextos socioeducativos.
  • Educación para a saúde.


Enlaces de interese:





Educación Familiar nas Cercanías



                          

PROGRAMA DE ATENCIÓN AS FAMILIAS MONOPARENTAIS


Un programa cuxo obxecto é a prestación de apoio ás familias formadas por unha única persoa proxenitora con fillas e fillos menores ao seu cargo.
Articúlase a través dunha orde anual de convocatoria para as entidades sen ánimo de lucro que realicen un programa de apoio a familias monoparentais, sempre que estean debidamente inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

Enlaces de interese:






Abordando o concepto, qué son?



                  

PROGRAMAS DE MEDIACIÓN FAMILIAR


A mediación familiar é un procedemento de resolución de conflitos, extraxudicial e voluntario, que mediante a intervención dunha persoa profesional especializada no eido psico-socio-familiar, trata de axudar as parellas que teñen ou tiveron unha relación, co obxectivo de resolver de mutuo acordo as consecuencias da separación, nulidade, divorcio ou ruptura da súa relación, e ofrecerlles unha solución pactada para a súa problemática.
As persoas interesadas deben presentar unha solicitude de designación da mediación familiar (anexo II do Decreto 159/2003, do 31 de xaneiro) e a documentación requerida. Poderán presentala de xeito conxunto ou unha das partes, proporcionando os datos da outra parte para solicitar o seu consentimento. Poderán elixir a persoa mediadora entre as e os profesionais inscritos no Rexistro de Mediadoras e Mediadores Familiares de Galicia. Se non hai acordo, será designado pola Secretaría Xeral de Igualdade.
Compleméntase cunha liña de axudas económicas denominada Mediagal, que consiste na adxudicación e entrega ás persoas beneficiarias de cheques de servizo gratuíto cun valor nominal establecido normativamente por sesión, ata un máximo de 6 sesións.

Enlaces de Interese:






PUNTOS DE ENCONTRO FAMILIAR


Este tipo de servizo ofrece un espazo neutral para que, nos casos de separación ou divorcio, o pai ou a nai que non viva co fillo poida velo según o establecido polo Xuíz nos casos en que existen impedimentos ou conflitos entre a parella e non é posible realizar un réximen de visitas de mutuo acordo.
Este tipo de servizo está a cargo de profesionais (Psicólogos, Traballadores Sociais, etc.) que velarán para que as visitas se desenvolvan nun clima favorable para o menor.
As Cidades e Comunidades Autónomas poden establecer no seu ámbito territorial esta gama de servizos, elixindo aqueles que complementen mellor os seus obxectivos en materia de Servizos Sociais, e poden establecer estos servizos tanto nas súas propias unidades, como realizando convenios con ONGs, Fundacións, etc., é dicir, con entidades que non teñan ánimo de lucro, xa que son servizos de carácter público.
Éstos se encontran situados territorialmente nas sedes administrativas das Comunidades Autónomas ou nas principais ciudades dependendo da extensión territorial da Comunidade Autónoma. Por elo as familias que necesiten estos servizos deberán dirixirse os S.S. da súa Cidade ou Comunidade Autónoma.

Enlaces e interese:

http://www.familiasgalegas.org







                          

RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE


Son complexos residenciais dependentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, situados en Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense), que se poñen a disposición da poboación para o desfrute de estadías no período estival (xullo, agosto e primeira quincena de setembro).
A adxudicación das estadías na tempada estival regúlase mediante orde de carácter anual, podendo ser solicitada por:
  • As persoas maiores de idade, ou menores acompañadas dos proxenitores ou representantes legais, que teñan a súa residencia en territorio do Estado español. 
  • As galegas e galegos residentes no exterior.
A adxudicación das prazas efectúase por sorteo de datas. As solicitudes pódense enviar as seguintes direccións:

Panxón: Rexistro da Xefatura da  Consellería de Traballo e Benestar en Vigo, Calle Concepción Arenal, 8 - 36201 Vigo (Pontevedra).


O Carballiño: Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Ourense, Avda. da Habana, 79 - 32004 Ourense.

A presente solicitude tamén se pode presentar por vía telemática no enlace seguinte:

http://www.xunta.es/catalogo-de-procedementos?codCons=BS&codProc=419A&lang=es&procedemento=BS419A

http://familiasgalegas.org


Documentos relativos para realizar a solicitude:




ESPAZO FAMILIAR (ESPAI FAMILIAR)

É unha iniciativa catalana orientada ás familias con nenos e nenas menores de tres anos.
Son espazos  de xogo e relación, nos  que os nenos e as nenas poden explorar  e relacionarse entre eles e cos adultos,  e onde as  familias poden  compartir a súa  experienza  de educar e facer crecer os seus fillos e fillas.

Enlaces de Interese:

http://w110.bcn.cat/portal/site/Infancia/menuitem.eb1d5c7204c5d49fb552b552a2ef8a0c/?vgnextoid=4468a5adb84f9210VgnVCM10000074fea8c0RCRD&vgnextchannel=4468a5adb84f9210VgnVCM10000074fea8c0RCRD&lang=es_ES

OFICINAS DE IGUALDADE E BENESTAR


Son oficinas situadas en diferentes localidades de Galiza desde as que se ofertan os servizos e programas que desenvolve o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, sedes dos equipos de Igualdade, de Inclusión e do Plan da Infancia e da Adolescencia. Dende elas traballase a prol da dinamización da igualdade de xénero no territorio, así como en favor da inclusión social dos colectivos máis desfavorecidos e no apoio á educación familiar a través do programa Tecendo Redes.




Enlaces de Interese: