viernes, 16 de noviembre de 2012

PROGRAMAS DE MEDIACIÓN FAMILIAR


A mediación familiar é un procedemento de resolución de conflitos, extraxudicial e voluntario, que mediante a intervención dunha persoa profesional especializada no eido psico-socio-familiar, trata de axudar as parellas que teñen ou tiveron unha relación, co obxectivo de resolver de mutuo acordo as consecuencias da separación, nulidade, divorcio ou ruptura da súa relación, e ofrecerlles unha solución pactada para a súa problemática.
As persoas interesadas deben presentar unha solicitude de designación da mediación familiar (anexo II do Decreto 159/2003, do 31 de xaneiro) e a documentación requerida. Poderán presentala de xeito conxunto ou unha das partes, proporcionando os datos da outra parte para solicitar o seu consentimento. Poderán elixir a persoa mediadora entre as e os profesionais inscritos no Rexistro de Mediadoras e Mediadores Familiares de Galicia. Se non hai acordo, será designado pola Secretaría Xeral de Igualdade.
Compleméntase cunha liña de axudas económicas denominada Mediagal, que consiste na adxudicación e entrega ás persoas beneficiarias de cheques de servizo gratuíto cun valor nominal establecido normativamente por sesión, ata un máximo de 6 sesións.

Enlaces de Interese:






No hay comentarios:

Publicar un comentario