viernes, 16 de noviembre de 2012

RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE


Son complexos residenciais dependentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, situados en Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense), que se poñen a disposición da poboación para o desfrute de estadías no período estival (xullo, agosto e primeira quincena de setembro).
A adxudicación das estadías na tempada estival regúlase mediante orde de carácter anual, podendo ser solicitada por:
  • As persoas maiores de idade, ou menores acompañadas dos proxenitores ou representantes legais, que teñan a súa residencia en territorio do Estado español. 
  • As galegas e galegos residentes no exterior.
A adxudicación das prazas efectúase por sorteo de datas. As solicitudes pódense enviar as seguintes direccións:

Panxón: Rexistro da Xefatura da  Consellería de Traballo e Benestar en Vigo, Calle Concepción Arenal, 8 - 36201 Vigo (Pontevedra).


O Carballiño: Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Ourense, Avda. da Habana, 79 - 32004 Ourense.

A presente solicitude tamén se pode presentar por vía telemática no enlace seguinte:

http://www.xunta.es/catalogo-de-procedementos?codCons=BS&codProc=419A&lang=es&procedemento=BS419A

http://familiasgalegas.org


Documentos relativos para realizar a solicitude:




No hay comentarios:

Publicar un comentario